iSpeech.org
AMIGOS E FIN DE SEMANA
1.- Se crees que necesitas o alcol para ligar e sentirte seguro, pensa que bébedo o máis posible é que fagas o idiota.
2.- Se para pasalo ben cos amigos necesitas o alcol, en realidade non sabes divertirte. É que a vida sen alcol é tan aburrida?.
3.- O alcol non soluciona os problemas, e ademais ti sábelo perfectamente.
4.- O alcol en exceso mingua as túas facultades físicas e psíquicas. Non te limites.
5.- Tomar unha copa cos amigos pode ser algo natural, e ata unha boa escusa para charlas, pero se cando charlas cos amigos é unha boa escusa para tomar unha copa…é que algo non marcha ben.
6.- O costume dos pubs, as discotecas, os minis de cervexa e os cubatas, é unha forma de pasar o tempo libre, unha das moitas formas posibles que hai, se sempre fas o mesmo estás a deixar de facer unha chea de cousas interesantes e divertidas: ir ao cine, ir de acampada, coller a bici, facer deportes,….
7.- Non deixes que o alcol se beba o teu tempo. Mira cantas cousas podes facer sen unha copa de alcol por medio; ligar coas mozas ou mozos, divertirte, ir á discoteca, contar un chiste, dicir o que pensas…fai as cousas por ti mesmo.
8.- Os minis, cubatas e cubalitros que se dan nos bares son en moitas das ocasións dunha calidade ínfima, como se adoita dicir de garrafón, co cal se multiplica os seus efectos nocivos. Non deas veleno ao teu corpo.
9.- Se non te controlas, unha noite de diversión podes terminar co teu corpo tirado na beirarrúa, os teus amigos cargando contigo, cunha vomitona en plena rúa, cunha viaxe a urxencias, cunha resaca terrible…
10.- O alcol é un depresivo. Provoca nun primeiro momento un estado de euforia ao que lle segue un forte baixón. Hai moitas experiencias sas, que che fan sentir alegre sen necesidade de baixons.
11.- Vícheste algunha vez bébedo?. Os demais si, e creo que lles gustas máis cando estás sereno.
12.- O alento cántache a wiskazo. Crees que así estás máis atractivo ou atractiva?.
13.- Xa sabes que se vas bébedo o máis probable é que “ piquen ” nas relacións sexuais.
14.- Non é “obrigatorio” quedar sempre cos amigos nos bares. Hai outros moitos sitios onde poder xuntarvos.
15.- Hai unha serie de acontecementos, como un concerto de rock ou un partido de fútbol, aos que a xente nova gústalles acudir con algunhas copas de máis. Realmente así non se goza máis.
16.- Cando agarras unha bebedeira se che traba a lingua. Para que queres liberdade de expresión se logo non a aproveitas?.
17.- Pensaches a cantidade de cousas que poderías facer se aforras o diñeiro que gastas en alcol?.Lembras aquel disco que non puideches comprar por non ter pelas?.
18.- O día seguinte á bebedeira non adoita ser demasiado agradable, e non só pola resaca. Se che agarraches un cocido. Non sentiches remorso? Non pensaches “terra trágame”?.
19.- O tempo que desperdicias durante unha resaca poderías aproveitalo en facer unha chea de cousas.
20.- Se ti mesmo, non tes porqué imitar a ninguén, nin a os teus irmáns nin á xente que ves na tele.
21.- Non identifiques unha forma de vivir cunha forma de beber. A música, a roupa, a linguaxe, etc, axúdanche a expresarte, o alcol todo o contrario.
22.- Os novos hábitos de bebida: mesturas inverosímiis, chopos, taponazos etc. Fan que o corpo lle sexa moi difícil asimilar as distintas substancias que ti introduces nel.
23.- Cando un está baixo os efectos de euforia, pensa que o seu enxeño agudízase e que está a dicir as cousas mais interesantes que xamáis dixese. Se se gravase nunha cinta e oísese ao día seguinte, na maioría dos casos daríase conta do erro.
24.- O alcol provoca illamento. Que sintas máis illado dos demais, aínda que nun principio te sintas mais aberto á xente e menos cortado.
25.- Os novos hábitos de consumo de alcol fan que o bebedor non saboree o que está a inxerir, senón que beba co único obxectivo de poñerse “contento” e que importe máis a cantidade que a calidade. Beber para poñerse pedo é algo tan estúpido como comer para coller un empacho.
26.- As firmas comerciais empéñanse en relacionar as bebidas alcohólicas cun estilo de vida nova, alegre, cheos de bos momentos, dinámico e case, case, imprescindible para a vida moderna. Non fagas caso sempre do que ves…ou do que oes…non te deixes levar pola moda do consumo, porque o que sempre estará de moda será a saúde.
27.- En moitas ocasións o consumo de bebidas alcohólicas foi relacionado coa virilidade. É unha concepción machista e cutre chegada de quen sabe que tempo. Ti es novo e deberías pasar destas cousas.
28.- Tenta coñecer os límites. Non todo o mundo responde igual á inxesta de bebidas alcohólicas. Quizáis cunha xerra de cervexa ti xa te sentes maread@ ou mentres as túas amig@ s “aguantan” máis. Isto non quere dicir que sexas máis atontad@, máis torpe ou un bicho raro. Non tes que beber máis porque os teus amig@s o fágan.
SAUDE
29.- O alcol é unha droga, unha substancia que afecta á mente e ao corpo; unha droga á que é mais difícil dicir NON porque o seu consumo é un costume social.
30.- O alcol produce cansazo, sopor, abulia, preguiza.
31.- O alcol crea adicción. Hai xente que non pode facer nada sen alcol no sangue.
32.- Pode pasar ata 10 ó 15 anos antes de que un bebedor habitual sexa considerado un alcohólico. A lentitude deste proceso fai que non se vexa o verdadeiro perigo que leva o consumo de alcol.
33.- Durante a abstinencia, os bebedores habituais sofren episodios de sudoración e tremores.
34.- O “ delirium tremens” que é a forma máis grave da síndrome de abstinencia, algo así como o “mono” , é unha experiencia espantosa: os que pasaron por ela din sentir na súa pel, tan reais coma se estivesen a suceder, os seus pesadelos: mordeduras de ratas, monstros horribles, seres nauseabundos….
35.- O alcol engorda. Cada gramo de alcol proporciona 7 calorías sen achegar alimento.
36.- O alcol é moi daniño para o estómago, dana de forma irreparable os tecidos das paredes e provoca úlceras.
37.- O consumo de alcol, en exceso provoca cancro.
38.- O alcol é fatal para o fígado. Pensa que só tes un e é imprescindible para vivir. A cirrosis hepática, unha enfermidade para a que non existe curación, é un dos maiores males provocado polo exceso no consumo de bebidas alcohólicas.
39.- As consecuencias dunha bebedeira son moi nocivas para todo o corpo, pensa que o corpo non acaba de eliminar as substancias inxeridas ata oito ou dez días despois.
40.- Un whisky só ou un vaso de viño considéranse unha unidade estándar de alcol. O que quizais non saibas é que unha xerra de cervexa é igual a dúas veces esta cantidade. Non te pases coa cervexa, que non é tan inofensiva como parece.
41.- O alcol mata as túas neuronas. Por cada cubata que bebes elimínanse miles de neuronas. Isto vai minguando o teu aparello psicomotriz, e nun futuro podes ter serios problemas para coordinar os teus movementos, e enfermidades como o Alzheimer.
42.- O alcol provoca carie e infeccións bucais.
43.- Cando bebes en exceso o teu corpo se deshidrata, esa é a principal causa da resaca.
44.- Seguimos coa resaca. O coñecido método de tomar outro grolo para evitar o malestar do resacoso non é recomendable, pois pode conducir a un estado confusional e de aturdimiento para o resto do día.
45.- Os novos hábitos de bebida fan que o alcol se consuma en moitos casos co estómago baleiro, isto é fatal para as paredes do estómago e fai que o alcol se absorba máis rapidamente no sangue.
46.- O alcol e o exercicio físico son dous grandes inimigos. Se practicas algún deporte –como é aconsellable- o exceso de alcol farache estar en permanente baixa forma.
47.- O alcol acurta a vida. Segundo algúns estudos reduce a esperanza de vida en 10 anos.
48.- O alcol é malo para a circulación e afecta o corazón.
49.- O exceso de alcol é unha das causas de padecer varices.
50.- O maior perigo do alcol é que ninguén se dá conta realmente das súas terribles consecuencias ata que non se ve atrapado por elas…cando xa é moi difícil saír.
51.- Se cada vez que vas empezar unha determinada actividade necesitas previamente tomar unha copa, terás que empezar a pensar que dependes do alcol.
52.- O organismo desenvolve unha tolerancia progresiva ao alcol, e o perigo está en que pronto vai requirir mais cantidade de bebida para lograr os efectos iniciais. O teu corpo vai pedir cada vez máis, ata deixarte definitivamente enganchado.
53.- Un bebedor habitual pode progresar facilmente dun estado normal a un perigoso.
54.- Nas embarazadas, o consumo de alcol pode afectar seriamente o feto. Os fillos de alcohólicos poden ter alteracións no seu desenvolvemento, microcefalias e presentar unha síndrome de abstinencia fetal ao nacer.
55.- O alcol é malo para a pel. Provoca grans e manchas.
56.- O exceso de alcol pode provocar problemas renais.
57.- Os adictos ao alcol presentan hormigueos e acorchamientos en mans e pés.
58.- O exceso de alcol provoca perda de apetito e insomnio.
59.- Se tes algún complexo, ou un problema que dificulta a túa relación cos demais, se valente e busca a axuda oportuna, o alcol non é un bo amigo, nin un bo conselleiro, nin un bo médico.
60.- Se queres o respecto dos demais debes aprender a respectarte a ti mesmo. Respeta o teu corpo, respeta a túa mente, non te pases co alcol.
61.- O bebedor habitual sofre cada vez con máis intensidade ansiedade, depresión, remorso e fobias.
62.- As persoas que beben en exceso cambian a súa personalidade. É habitual que persoas abertas e extrovertidas vólvanse malhumorados e introvertidos.
63.- O alcol produce danos irreparables no teu corpo.
SEGURIDADE VIAL
64.- Pasarse bebendo alcol fai que perdas reflexos, esta é unha das principais causas de accidente de tráfico: se conduces ciclomotor, motocicleta ou automóbil, ten moito coidado co que bebes. Aínda que ti non o creas, cando vas bébedo nin o corpo nin a mente responden como ti quererías.
65.- Conducir bébedo non só pon en perigo a túa vida, senón a dos demais.
66.- Conducir produce sopor, atontamento…e se estás a conducir, pegar o cabezazo pode ser mortal.
67.- Nunha bebedeira non só corres perigo cando conduces, tamén como peón podes ser atropelado por un vehículo.
68.- En ocasións, unha simple cervexa pode minguar os sentidos, e facer que sexas un perigo sobre a estrada, depende de que esteas en xaxún ou non, de se tomaches algún medicamento, etc.
69.- As bebidas alcohólicas fan que perdas o sentido do perigo, e provocan gran número de accidentes por imprudencias e riscos innecesarios.
70.- Aínda que ti non vaias bébedo, levar a xente demasiado eufórica ao teu lado pode distraer a túa atención e provocar descoidos que poden ser fatais.
71.- A bebida fai que o teu campo de visión quede restrinxido, pois se perde visión lateral, iso, na estrada, é moi perigoso.
72.- Cun exceso de alcol no sangue pérdese a coordinación entre as mans e os ollos.
73.- Se te pasas bebendo alcol reducirase a túa capacidade para valorar as distancias. É unha causa importante de accidentes.
74.- Ollo cos freos! Canto máis alcol bebeses máis lento é o tempo de reacción do teu corpo. Cando ti percibas a orde de frear do teu cerebro pode ser demasiado tarde.
75.- Contra o que se adoita pensar, nin o tabaco nin o café diminúen os efectos do alcol. Non che servirán de nada se queres coller o coche cunhas copas de máis.
76.- Durante a condución, a posibilidade de sufrir un accidente aumenta cando os niveis de alcol no sangue alcanzan o 30 mg; con 80 mg. a posibilidade é 4 veces maior, e con 150 mg (equivalente a unhas 5 xerras de cervexa) a probabilidade é 25 veces maior.
77.- Non só é perigoso conducir inmediatamente despois da inxestión de bebida. Unha bebedeira mal eliminada pode facer que aparezan síntomas de atontamento e confusión no día ou días seguintes.
78.- Quen tomase máis de ¾ de litro de cervexa antes de conducir pode ser obxecto dunha denuncia. Isto é, está prohibido circular cunha taxa de alcol no sangue superior a 0,3 gramos por 1.000 centímetros cúbicos.
79.- Calquera condutor pode ser atendido pola policía para que se lle practique a proba de alcoholemia nos seguintes casos:
a).- Se está implicado directamente nun accidente.
b).- Se é denunciado por cometer algunha infracción ao regulamento de tráfico.
c).- Se dá visibles mostras de conducir baixo os efectos do alcol.
d).- Se é requirido pola autoridade nun dos controis preventivos que se practican habitualmente.
80.- Se non te sometes á proba de alcoholemia terás que pagar unha multa e inmobilizar o vehículo.
81.- Se te sometes á proba de alcoholemia e dás positivo, terá que pagar multas e inmobilizar o coche.
82.- Ademais destas sancións, cada vez que ocorre un incidente deste tipo ábrese unha dilixencia xudicial, con castigos que van desde a retirada do carné por un mes, ata a retirada definitiva, a máis diso as baixadas dos puntos.
83.- Non só pódenche facer a proba de alcoholemia cando vas conducindo, se es peón e veste implicado nun accidente de circulación tamén estas obrigado a someterte a ela.
FAMILIA E ENTORNO SOCIAL
84.- A adicción ao alcol pódete levar a unha situación de apatía, a non dar importancia ao que ocorre ao teu aredor.
85.- O consumo esaxerado de alcol provoca impulsos violentos, gran cantidade das agresións e os malos tratos son provocados por persoas que se atopan baixo os efectos do alcol.
86.- Os cambios de personalidade, o malhumor e os celos, son habituais en persoas que beben moito alcol.
87.- Para os bebedores habituais, a obsesión pola bebida supera a todo o demais en importancia. As cousas que agora che importan e preocúpan: familia, noiv@, estudos, experiencias vitais, coñecementos, amig@s, traballo, etc. Quedan en segundo ou terceiro plano.
88.- O consumo abusivo de alcol provoca descoido no aseo persoal.
89.- Os bebedores habituais, igual que pasa cos dependentes doutras substancias tóxicas, son capaces de mentir e roubar con tal de proseguir coa súa adicción
90.- Está demostrado estatisticamente que os fillos de pais adictos ao alcol teñen máis posibilidades de desenvolver este problema. Non collas os malos hábitos dos teus pais.
91.- O adicto ao alcol acaba conxeniando soamente cos seus compañeiros de bebida e deixa de lado a todas as demais persoas.
92.- A inxestión excesiva de alcol é unha importante causa de discusións e rupturas entre pais e fillos.
TRABALLO E ESTUDOS
93.- O consumidor habitual de alcol tarde ou cedo acaba perdendo o seu posto de traballo.
94.- Tomar alcol en exceso provoca falta de concentración nas actividades da túa vida cotiá, estudos, traballo, etc.
96.- En períodos de crise económica e laboral, como o que vivimos, tende a aumentar o consumo de alcol entre as persoas en paro ou difícil situación salarial, o cal, non fai senón prexudicar a estas persoas, que van minguando a súa actividade física e psíquica,
97.- O alcol provoca perda de memoria, o que pode ser un serio problema para os estudos e ao traballo.
98.- O alcol provoca absentismo tanto laboral como de asistencia á universidade.
99.- A ansiedade e o stress, provocados en moitos casos pola vida laboral ou polo fracaso escolar, fan que moita xente se refúxie no alcol para atopar uns momentos de benestar. Ao final o problema acaba sendo mais grave pola deterioración a que se ve sometido o corpo. Se tes algún problema no traballo ou os estudos, a solución non é darte á bebida.
100.- O consumo excesivo de alcol fará que perdas autoestima, o cal supón unha grave deterioración das túas relacións humanas, pero tamén un gran hándicap no mundo laboral.
.......Sabes algunha máis ?
Gústame esto:
Gústame Cargando...