Alcol e COVID-19, unha combinación perigosa.
Category : Blogue
Aínda que haxa quen se convenza pola contra, o certo é que o alcol non é un aliado contra o Covid-19.
Hai quen está difundindo o bulo de que bebelo pode axudar a previr e mesmo curar a enfermidade.
Iso non é certo. De feito, sucede todo o contrario.
O alcol debilita o sistema inmunitario e aumenta as posibilidades de contraer infeccións víricas como a do Covid-19. Ademais, o alcol non só non prevén contagios desta enfermidade, senón que pode agravar o cadro clínico dunha persoa, xa que a inxesta de bebidas alcohólicas acaba danando paulatinamente ao organismo.
Cabe lembrar tamén que o alcol tampouco axuda a superar o medo e a tensión que pode provocar nunha persoa o temor para contaxiarse.
O alcol empeora eses estados de ánimo e non é un aliado para sentirse mellor, senón que pode acabar resultando un inimigo contra o noso propio organismo.