Curso de Formación de Monitores -2019-

  • 0

Curso de Formación de Monitores -2019-


iSpeech

Este sábado 19 de Outubro dará comenzo o curso de Formación de Monitores organizado por F.A.R.G.A. Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia, e impartido por Dª. Jesica Rodriguez e D. Manuel Isorna, ambos cunha amplia experiencia no tema das adicións.

Terá unha duración de 30 horas presenciales e levaráse a cabo no local da asociación A.R.E.V.A. de Vilagarcía de Arousa.

Nesta edición participarán membros das asociacións:

  • A.R.E.V.A. de Vilagarcía de Arousa
  • A.I.S.A. de Santiago de Compostela
  • A.D.I.A.N.T.E. de As Pontes
  • A.R.Rio Lérez de Pontevedra

Desde a Federación queremos agradecerlle a tod@s o interese amosado neste curso e desexarlles ánimos e sorte.

 

 

 

 

 

 


  • 0

Programa de Formación de Monitores


https://www.ispeech.org/text.to.speech

Este sábado 15 de Setembro de 2018 dará comenzo o curso de Formación de Monitores organizado por F.A.R.G.A. Será impartido po la Psicóloga Dª Jessica Rodríguez Czaplicki e D. Manuel Isorna. Terá unha duración de 30 horas, que se reparten da seguinte maneira:

 

Sábado 15- De 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas

Sábado 22- De 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas

Sábado 29- De 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas

Sábado 6 de Outubro- De 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas

Sábado 20 de Outubro- De 10:30 a 14:00 horas

Será o sábado 20 de Outubro, unha vez concluido o curso, cando se procederá a entrega da documentación acreditativa da asistencia a este curso de Formación.

Nesta edición participan varios membros das asociacións pertencentes a esta Federación, A.R.E.V.A. de Vilagarcía de Arousa, A.D.I.A.N.T.E. de As Pontes, A.I.S.A. de Santiago de Compostela e A.R. RÍO LÉREZ de Pontevedra. A.R.C.H.A. de Chantada a última hora  notificounos a imposibilidade de asistir por causas alleas a súa voluntade. Aproveitamos a ocasión para recordar que podedes seguir anotandovos para as seguintes edicións, dúas persoas por asociación, que será tido en conta por orden de anotación, tal e como temos falado.

Queremos agradecer desde a Xunta Directiva, o interese amosado por todos os participantes nesta edición, a pesar dos esforzos que lle conlevan asistir a dito curso, en formarse ou reforzar os coñecementos necesarios que se requiren para poder informar e axudar a outros enfermos na nosa mesma situación, a saír dela.

Moitos ánimos, sorte e sobre todo.......

MOITAS GRAZAS PO LA VOSA COLABORACIÓN

 

 

 


Traducir a…

Visitas

contador de visitas

Sígueme no Twiter

A %d blogueros les gusta esto: