CONCLUSIÓNS “II XORNADAS GALEGAS SEN ALCOL”

  • 0

CONCLUSIÓNS “II XORNADAS GALEGAS SEN ALCOL”


iSpeech

Rematan aquí case dous dias intensos, nos que temos que agradecer, o primeiro vosa presenza, a vosa magnifica resposta a esta convocatoria; do mesmo xeito que a todos os relatores, que nos brindaron as súas achegas, cumprindo, con fartura, coas nosas espectativas.

De todos puidemos aprender algo, algo non, MOITO.

Ensináronnos que aos nosos mozos temos que brindarlles acompañamento no seu crecemento persoal, aínda a risco de equivocarnos; que o labor preventivo hai que traballalo dia a dia.
Que na nosa enfermidade, ás veces, somos nós mesmos os que a estigmatizamos, que hai que desterrar o sentimento de culpabilidade.
Na súa abordaxe somos necesarios todos, aprender unha nova forma de vivir require que se aborde un tratamento íntegro de toda a familia ou contorna; e poñer en valor, gran valor, a importancia da axuda do grupo.
Vivir xunto ao alcol é moi duro, pero deixáronnos unha mensaxe de esperanza, constancia e fortaleza.
Aprendemos que volver ao inferno nunca debe ser unha opción, porque sabemos que a nosa enfermidade foi moi ben definida como incurable, progresiva e mortal.
A súa abordaxe con intentos de solucións ineficaces mantén o problema e convértao nun circulo vicioso, por iso, iniciar o camiño adecuado neste proceso é tan difícil, e temos que saber que pode suceder o que non queremos A RECAIDA, deixandonos unha profunda sensación de fracaso.
Coidado, o que alguén recaia non significa que non queira deixar de beber, é a virulencia da enfermidade e a peculariedad de cada un de nós o que o marca, e ten que servirnos para aprender, aprender a perdoarse a un mesmo, para lograr liberarnos do sentimento de culpa e aceptarnos tal cal somos.
E por último, pero non menos importante; sempre hai algo novo que aprender e hoxe vimos como outras enfermidades, como o TDAH pode incidir, que non xustificar, como esas persoas poden desenvolver unha dependencia, que o que fai é complicar mais a súa patoloxia.

Mª José Fabeiro Mouriño
Secretaria de FARGA

GALERIA FOTOGRAFICA

"II XORNADAS GALEGAS SEN ALCOL"

O pase de diapositivas require JavaScript.


VIII Xornadas sobre Alcoholismo Vilalba -2019-


Powered by iSpeech

Video resumo das VIII Xornadas sobre Alcoholismo de Vilalba.

Tiveron lugar os días 11 e 12 de Maio na Casa da Cultura de Vilalba.

Unhas ponencias sobre diversos aspectos da enfermidade alcohólica, da que sacamos moita información para continuar en sobriedade.

F.A.R.G.A. acudeu a cita acompañado das asociacións A.R.E.V.A. de Vilagarcía de Arousa e A.I.S.A. de Santiago de Compostela.

Moitas grazas pola vosa colaboración... 😎


VIII Xornadas sobre Alcoholismo. Vilalba -2019-


iSpeech.org

Os vindeiros días 11 e 12 de Maio de 2019 terán lugar as "VIII Xornadas sobre alcoholismo" organizadas pola asociación AXÚDATE de Vilalba, LUGO.

Levaránse a cabo na Casa da Cultura e a entrada e libre.

¡ ESPERÁMOSTE !


  • 0

Vídeo ” I Xornadas Galegas Sen Alcol “


iSpeech

Con motivo do Día Mundial Sen Alcol, F.A.R.G.A. celebrou os días 17 e 18 de Novembro as " I Xornadas Galegas Sen Alcol ".

Tiveron lugar no Salón García do Concello de Vilagarcía de Arousa e contaron coa colaboración dalgunhas das asociacións pertecentes a esta Federación, así como do Concello e da Xunta de Galicia, que formaron parte da mesa de inauguración amosando o seu apoyo a iniciativas de este tipo.

Desde aquí queremos agradecer o interese amosado en facer esta primeira edición e a colaboración prestada para que fose posible. Próximamente decidirase donde se levarán a cabo as próximas edición, xa que a intención e facelas por toda a comunidade, nas sedes das asociacións que amosen o seu interese en acollelas.

Cun pouco de retraso, deixámovos un vídeo resumen do desenrolo das diversas actividades que se realizaron durante a duración das mesmas.

Esperamos que sexa do voso agrado e contamos con todos vos na seguinte edición.

Grazas por todo.

 

 


  • 0

Video resumen da IV Convención C.A.A.R.F.E.-2018-


https://www.ispeech.org

A Federación Galega asistéu a IV Convención Nacional organizada por C.A.A.R.F.E. que tivo lugar do 11 ao 14 de Outubro en Matalascañas, Huelva.

Estivemos acompañados polas Asociacións AREVA de Vilagarcía de Arousa, ADIANTE de As Pontes e AISA de Santiago de Compostela. Unha experiencia inolvidable, donde máis de 400 persoas disfrutamos de conferencias e talleres impartid@s por excelentes profesionais adicados ao estudio da nosa enfermidade, o alcoholismo, transmitíndonos o seu interese e a súa preocupación polo noso colectivo.

Nin que decir ten o ambiente de compañerismo alí amosado, onde todos éramos iguais, sen diferencias de ningún tipo, e todos unidos coa mesma finalidade, a información, rehabilitación e recuperación da nosa enfermidade, aportando as nosas experiencias e testemuños para concienciar a sociedade das graves consecuencias, en todolos aspectos, do consumo abusivo de alcol.

Esperamos que "nuestro granito de arena" axude a conseguir que este colectivo continúe unido, se cabe con máis forza, para seguir levando a nosa voz a donde sexa preciso, porque....

¿Quén mellor que outr@ enferm@ alcohólic@ para explicar dende dentro o que se sinte unha vez que pasastes a liña?.

 

 


  • 0

Conferencia Dr. Francisco Pascual, Matalascañas


iSpeech.org
https://youtu.be/VWgVSYWnBaY


Traducir a…

Visitas

contador de visitas

Sígueme no Twiter

A %d blogueros les gusta esto: