Category Archives: Eventos

  • 0

F.A.R.G.A. na IV Convención Nacional C.A.A.R.F.E.


https://www.ispeech.org

F.A.R.G.A., Federación de Alcohólicos Rehabilitas de Galicia, xunto as asociacións AREVA-VILAGARCÍA, ADIANTE de As Pontes e AISA de Santiago de Compostela, asisten a IV Convención Nacional de C.A.A.R.F.E. que se están levando a cabo dos dias 11 ao 14 de Outubro en Matalascañas, Huelva.

Esperamos sacar o máximo partido deste Congreso, no que se imparten Conferencias por parte de grandes profesionais no tema que nos ocupa, o alcoholismo. Participamos tamén nos distintos talleres que se están levando a cabo, sendo moi variados e instructivos, donde se comparten  moitas ideas e sistemas de traballo que favorecen o desenrolo do funcionamento das asociacións.

O final da Convención colgaremos un amplo resumo e as conclusións que sacamos desta grata experiencia.


I Xornadas Galegas sen Alcol


iSpeech
Xa temos rematado o programa das I Xornadas Galegas sen Alcol que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de Novembro de 2018 no Concello de Vilagarcía de Arousa.

QUEDADES TODOS CONVIDADOS. 


  • 0

I Xornadas Galegas sen Alcol


iSpeech.org

Dende a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia, F.A.R.G.A., estáse a organizar as I Xornadas Galegas sen Alcol. Levaránse a cabo os vindeiros días 17 e 18 de Novembro de 2018 con motivo da celebración do Día sen alcol. Serán no Salón García do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Estáse a rematar o programa de actividades que se van levar a cabo (estamos a espera dalgunha confirmación). Tan pronto sexa posible, subirémolo a esta páxina web así como as redes sociais para dalo a conocer a todas as persoas que estéan interesadas en asistir a dito evento.

Mentras tanto, deixámos o cartel anunciando as I Xornadas sen Alcol.

ENTRADA LIBRE.

GRAZAS POR ASISTIR.

I Xornadas Galegas sen Alcol -2018-

 

 

 


  • 0

Programa de Formación de Monitores


https://www.ispeech.org/text.to.speech

Este sábado 15 de Setembro de 2018 dará comenzo o curso de Formación de Monitores organizado por F.A.R.G.A. Será impartido po la Psicóloga Dª Jessica Rodríguez Czaplicki e D. Manuel Isorna. Terá unha duración de 30 horas, que se reparten da seguinte maneira:

 

Sábado 15- De 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas

Sábado 22- De 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas

Sábado 29- De 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas

Sábado 6 de Outubro- De 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas

Sábado 20 de Outubro- De 10:30 a 14:00 horas

Será o sábado 20 de Outubro, unha vez concluido o curso, cando se procederá a entrega da documentación acreditativa da asistencia a este curso de Formación.

Nesta edición participan varios membros das asociacións pertencentes a esta Federación, A.R.E.V.A. de Vilagarcía de Arousa, A.D.I.A.N.T.E. de As Pontes, A.I.S.A. de Santiago de Compostela e A.R. RÍO LÉREZ de Pontevedra. A.R.C.H.A. de Chantada a última hora  notificounos a imposibilidade de asistir por causas alleas a súa voluntade. Aproveitamos a ocasión para recordar que podedes seguir anotandovos para as seguintes edicións, dúas persoas por asociación, que será tido en conta por orden de anotación, tal e como temos falado.

Queremos agradecer desde a Xunta Directiva, o interese amosado por todos os participantes nesta edición, a pesar dos esforzos que lle conlevan asistir a dito curso, en formarse ou reforzar os coñecementos necesarios que se requiren para poder informar e axudar a outros enfermos na nosa mesma situación, a saír dela.

Moitos ánimos, sorte e sobre todo.......

MOITAS GRAZAS PO LA VOSA COLABORACIÓN

 

 

 


Primeiro concurso de carteis F.A.R.G.A.


TTS

F.A.R.G.A.

Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia

Con motivo da celebración do Día sen Alcol, que se celebra o 15 de Novembro de todos os anos, a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia, F.A. R. G.A., convoca o primeiro concurso de carteis para este acto.

-BASES-
Poderán presentarse a este concurso todas as persoas sen distinción de sexo, condición ou nacionalidade, cuxa idade sexa máis de 16 anos.
Os traballos serán presentados nun único documento, en formato pdf, tamaño A4, coas fontes incrustadas é editable, para que a organización poida realizar as adaptacións necesarias para os diferentes soportes requiridos ao correo farga.galicia@gmail.com antes das 12 da noite do día 30 de Outubro de 2018.
O correo electrónico constará de dous documentos:
O primeiro - un pdf ou un arquivo psd co cartel, titulado cun pseudónimo.

O segundo -un pdf co mesmo pseudónimo como nome do documento, no que se fará constar:

 Pseudónimo.

 Nome e apelidos.

 Dirección de email.

 Dirección postal.

 Teléfono de contacto.

 Fotocopia do DNI.
O cartel non pode ter o nome da persoa que o deseñou, senón o pseudónimo. De non ser así sería descualificado.

-EXEMPLO-
Correo: Asunto: Concurso de carteis “ pseudónimo…..”
Mensaxe: Adxunto cartel e os datos
Adxuntos: PDF ou PSD do cartel titulado “ pseudónimo….”
PDF cos datos persoais titulado “ pseudónimo…”

Os adxuntos serán impresos para a súa valoración polo xurado, polo que só unha persoa, que non formará parte do xurado, terá acceso ao email cos datos da persoa que os enviou. Será obrigatorio o texto 15 de Novembro. Día sen alcol.
Na parte inferior deberá quedar un espazo en branco, onde; en caso de ser o gañador; colocaranse os logotipos de organizadores e colaboradores.
O tema deberá transmitir optimismo e esperanza, rompendo os prexuízos sobre a enfermidade alcohólica. Trátase de transmitir que o alcoholismo é unha enfermidade da que se pode saír e non un vicio como o considera unha gran parte da sociedade. Valoraráse a introdución da familia como parte fundamental no proceso de rehabilitación.
O estilo é libre, poderá ser por computador, fotografía, debuxo, acuarela ou calquera técnica que se desexe.
Poderánse presentar un máximo de dous traballos por participante.
O xurado emitirá o seu fallo o día 9 de Novembro de 2018. O gañador será notificado por email ou por teléfono.
Tamén será publicado nas redes sociais e na páxina web  www.fargaliciaweb.es
A entrega do premio terá lugar o día 18 de Novembro de 2018 durante a clausura das Xornadas que se celebarán en Vilagarcía de Arousa os días 17 e 18 de Novembro de 2018.
O gañador cede os dereitos do cartel a F.A. R. G.A., Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia para a súa difusión, acompañado por dípticos e trípticos coa mesma imaxe, na campaña do Día sen Alcol do próximo ano 2019.

-PREMIO-
 Utilizaráse o cartel como imaxe da campaña do vindeiro ano 2019.

 Diploma acreditativo.

 Premio en metálico de 200,00 Euros.

ÁNIMO E SORTE A TODOS OS PARTICIPANTES.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN


Traducir a…

Visitas

contador de visitas

Sígueme no Twiter

A %d blogueros les gusta esto: