15 de Novembro. Día Mundial Sen Alcol. Alcol e Sociedade.

  • 0

15 de Novembro. Día Mundial Sen Alcol. Alcol e Sociedade.


iSpeech.org

SER ALCOHÓLICO NA SOCIEDADE ACTUAL

Hoxe en día, no noso país, falar sobre a dependencia ao alcol convértese nun tema canto menos, delicado.

Existe e sempre existiu, unha gran tolerancia social ante o consumo de bebidas alcohólicas.

Desde hai moito tempo, o consumo de alcol en España caracterizouse por gozar dunha ampla legitimización sociocultural. Este feito, contribuíu excesivamente para que o consumo desta droga percibísese como algo normal e habitual na maioría da poboación. A pesar de que, na década dos 70 aproximadamente, xa había unha gran consideración sobre os prexuízos que provocaba o alcol a nivel individual, social e sanitario. En contraposición á alarma social e o rexeitamento que xera o consumo das drogas ilegais (cocaína, heroína…) existe aínda unha importante aceptación social fronte ao consumo de alcol.

Parece que todo o mundo coñece os riscos e efectos negativos que se atribúen ao consumo da maior parte das drogas ilegais, pero, ao mesmo tempo, frivolízase sobre os efectos asociados ao consumo de alcol, a pesar da elevada mortalidade.

Desafortunadamente, vivimos no país no que rexeitar unha copa é de mal gusto ou signo de mala educación. Aínda que, non ocorre o mesmo se rexeitamos un cigarro. Unha persoa pode expresar libremente que non fuma e non hai ningún problema, incluso o receptor responderalle gustosamente: “Que ben que deixes", "Fumar é moi malo", "Eu estou a tentar deixalo”. Pero se un comenta en público que non bebe alcol…parece que o receptor non sexa capaz de entender ben esa mensaxe, e é aí cando se provoca o aluvión de preguntas e as constantes insistencias.

¿Por que non bebes?, ¿Que pasa?, ¿Seica estás enfermo?

Esta é a realidade que existe e estas son as situacións ás que se teñen que enfrontar os enfermos alcohólicos, sobre todo, ao principio do seu inicio do tratamento de deshabituación.

Ademais disto, cando paseamos polas rúas podemos comprobar que a cada paso hai un bar ofrecendo bebida máis barata cada día, publicidade nos medios de comunicación (televisión, radio, internet…), valos con reclamos publicitarios…centos e centos de disparadores aos que teñen que enfrontarse os enfermos día a día. Algo que podería parecer fácil para calquera cidadán, pero para nós é realmente moi complicado e non resulta tan sinxelo. Vivimos no país onde é máis que habitual quedar para tomarse unha cervexa que quedar para ir ao cinema. Onde ao dicir que es alcohólico xera incomprensión e algunhas veces rexeito. Onde, a pesar de vivir na era da sobreinformación, hai moito descoñecemento sobre os danos que xera o alcol a todos os niveis. Os adictos, sobre todo os alcohólicos, atópanse desprotexidos, ante unha sociedade que non fai outra cousa que fomentar o consumo.

Pouca prevención e pouca conciencia social.

Existen moitas etiquetas e estigmatización en canto a esta enfermidade. Cando parece que hai intereses económicos polo medio, parece que os máis cómodo sexa mirar cara a outro lado. A pesar de que o contexto social e cultural no que se desenvolven as relacións dos cidadáns coas bebidas alcohólicas favorece o uso das mesmas, é certo que se produciron nos últimos anos algúns progresos significativos, pero aínda queda moito traballo por facer, sobre todo por parte das institucións que deben ter menos tolerancia co consumo de menores e levar as leis a machada aplicándoa a todo aquel que non as cumpra e por último a todos os cidadáns que cando vexan a unha persoa tirada na rúa cunha caixa de cartón, sucio e pestilente, que saiban que detrás se oculta unha vida chea de soidade e silencios, unha vida dura, gris e que o odia, quizá e estou seguro que el non sabe explicar como chegou ata alí e a estar nesa situación, pero os que sabemos o que é unha adicción e unha persoa enferma; non pasamos polo seu lado e gardamos silencio; porque sabemos que detrás de tanto sufrimento hai un ser humano que por circunstancias da vida está nesa situación e ao que hai que axudar tendéndolle unha man porque é un enfermo alcohólico.


Deixa o teu comentario

Traducir a…

Visitas

contador de visitas

Sígueme no Twiter

A %d blogueros les gusta esto: