COMPRENDENDO A ADICCIÓN

  • 0

COMPRENDENDO A ADICCIÓN


https://www.ispeech.org

Para poder entender con maior obxectividade e claridade o problema do alcoholismo, debemos previamente comprender porqué se chega a depender do alcol.

Apartando as ideas de vicio, inmoralidade, perversión, etc., que etiqueta parte da sociedade por descoñecemento desta enfermidade á maior parte das persoas con problemas de bebida.

É importante por iso sinalar, que unha adicción é unha dependencia cara a unha substancia, actividade ou relación que arrastra á persoa adicta lonxe de todo o demais que lle rodea. As adiccións son “dependencias” con graves consecuencias na vida real que deterioran, afectan negativamente, e destrúen relacións sociais, familiares e laborais, afecta á saúde (física e mental), e destrúe a capacidade de levar unha vida con normalidade.

En consecuencia, un adicto é unha persoa “dependente” do tóxico que domina os seus pensamentos e desexos e dirixe o seu comportamento ou conduta, e que co tempo chega a ser a prioridade na súa vida.

Nin familia, nin traballo, nin amigos, nin nada se antepon ao alcol.

A adicción é unha enfermidade na cal o adicto está desesperado e ten pouco poder sobre o dominio da situación. Son moitas as crenzas que existen sobre a orixe das adiccións, pero non cabe dúbida que as principais causas que poden explicar estas condutas (alcoholismo, drogodependencias, ludopatía, etc.), inflúen unha serie de factores que a longo prazo son determinantes, como é a súa personalidade e a súa contorna social e cultural, poida que xeneticamente nalgúns casos tamén teña algo que ver. Definir exactamente o que se entende por adicción non é simple, moita xente asocia a miúdo a adicción unicamente co alcol ou co abuso das drogas, pero está claro que os comportamentos adictivos van máis aló. De feito a clave da “adicción” é unha necesidade ou dependencia obsesiva e compulsiva cara a unha substancia, un obxecto, unha relación, unha actividade ou unha cousa. De acordo con isto, é realista e apropiado dicir que calquera pode ser adicto a case calquera cousa. Un alcohólico non se converte niso da noite para a mañá, non sae da súa casa un día e decide facerse adicto ao alcol, existe unha progresión na que primeiro se realizan condutas e experiencias e posteriormente poden converterse en adiccións, ademais esta enfermidade é a máis “democrática” xa que igual pode ”enganchar” a mulleres, homes, altos, baixos, albaneis, catedráticos,  avogados, xuíces, feos, guapas, gordos, fracos..etc.

Ninguén esta libre de ser enganchado no inferno do alcoholismo se consome alcol.

Nesta adicción, o uso e abuso repetido crea unha “tolerancia” pola cal se necesita cada vez máis cantidade para sentir a mesma sensación que ao principio, e ten que utilizar o alcol non para estar ben, senón para non sentirse mal, e con esa actitude imos xerando unha “dependencia”, e tamén existe a chamada Síndrome de Abstinencia que pode ter consecuencias graves, ao deixar de tomar alcol veñen síntomas que se deben facer con axuda dun médico e a medicación que corresponda. Tamén sabemos como se pode vencer a adicción, moitísimas persoas están a ser axudadas na súa recuperación en Asociacións onde se lles tende a man e dáselle información sobre a súa enfermidade, pero sempre imos parar ao mesmo sitio, se o enfermo non quere deixar de beber non hai nada que facer.


Deixa o teu comentario

Traducir a…

Visitas

contador de visitas

Sígueme no Twiter

A %d blogueros les gusta esto: