Category Archives: A.R.E.V.A. A nosa historia

  • 0

Alcohólicos Rehabilitados de Vilagarcía de Arousa


https://www.ispeech.org

Unha charla tranquila con Nemesio achéganos á historia de AREVA.

Todo comezou noutra institución, en Caritas Interparroquial de Arousa. Dentro dos programas de saúde comezouse a traballar cun pequeno grupo de enfermos alcohólicos, que aos poucos se foi afianzando e crecendo en número de membros e melloras na súa rehabilitación, isto empuxoulles a exporse a creación dunha asociación propia, e así, en outubro do 2004 xurdiu AREVA ( Alcohólicos Rehabilitados de Vilagarcia de Arousa). Iniciouse entón todo o proceso para a súa fundación. Desde a asociación ADIANTE recibimos todo o asesoramento e total colaboración, axudándonos tamén coa elaboración dos nosos estatutos. Asi, nunha Asemblea extraordinaria, o 2  de Decembro do 2004 ás 19 horas acordouse constituír, por maioría absoluta dos presentes, o que hoxe se chama AREVA, sendo a súa primeira xunta directiva:

Presidente: Jose Luís Ferro Crespo

Secretario: Nemesio Portas Mella

Tesoureiro: Jose Ramon Vila Romeu.

Entre os fins principais cos que se constituíu a asociación destacamos os seguintes;

  • A rehabilitación e apoio a enfermos alcoholicos e os seus familiares
  • Desenvolver e defender os dereitos dos enfermos alcoholicos
  • Promocionar e apoiar os grupos de enfermos alcoholicos e os seus familiares
  • Promover as relacións e o intercambio entre os asociados, asi como con outras asociacións
  • Propiciar a reinserción psicosocial dos enfermos alcoholicos
  • Desenvolver actividades de calquera tipo que se encamiñen a cubrir as necesidades dos asociados, asi como conseguir recursos para cumprir os fins fundacionais.

Comezou con persoal voluntario como terapeutas, unha psicóloga tamén voluntaria e, a falta de local propio, reuniámonos nun local cedido por unha asociación veciñal e, por suposto, non dispoñiamos de ningún orzamento. Esta directíva comezou todos os tramites necesarios para a súa posta en marcha definitiva, e o financiamento minimo para comezar a rodar. Despois dunha intensa procura de local lógrase financiamento para poder alugar un local como sede fixa da asociación, que aínda hoxe segue sendo a súa sede:

Estación de Autobuses, Avd Lopéz Ballesteros, 1º andar, en Vilagarcia de Arousa.

A partir dese momento iníciase unha intensa campaña de información: centros de saúde, concellos, asociacións, …..para darnos a coñecer
Tamén se realizan as I Jornadas sobre alcoholismo na comarca do Salnés, organizándose durante varios anos consecutivos con gran éxito, grazas á colaboración de relatoras de gran relevancia, de diferentes lugares de España. Houbo unha importante resposta desde o ámbito sanitario remitindo pacientes á asociación para abordar a súa rehabilitación, en colaboración co seguimento médico. Os concellos demandan información acerca das prestacións da asociación establecendo unha canle de colaboración entre ambos. Buscamos camiños de financiamento coa venda de lotería, subvenciones da área sanitaria, Xunta de Galicia, concellos de Caldas de Reis e Vilagarcia, socios,……. Ao longo destes anos veñen realizando campañas de publicidade, promoción e prevención sobre a enfermidade alcohólica por medio de carpas informativas, distribución de cartelería e folletos, campañas en radios e prensa escrita; celebración, cada ano, do dia sen alcol, acompañado dunha degustación de diferentes bebidas saudables sen alcol, que todos os anos ten gran éxito.

En todas as actividades participan os membros da asociación, sempre de forma voluntaria e moi involucrados para que chegue á maior cantidade de persoas posibles da zona, toda a información que lles permita atopar un lugar para axudarlles a saír do pozo que, sabemos, é o alcoholismo; e tamén ofrecendo apoio ás súas familias.

Os socios participamos, cada ano, nas diferentes Xornadas que organizan outras asociacións da comunidade, sendo sempre de gran interese para todos nós. Co traballo destes anos conseguimos afianzar esta asociación na comarca do Salnes, abarcando pacientes de varios Concellos, e creando un agradable clima de amizade e compañeirismo, brindando sempre un gran apoio a cada novo compañeiro que se incorpora ao grupo.


Traducir a…

Visitas

contador de visitas

Sígueme no Twiter

A %d blogueros les gusta esto: