Category Archives: A.I.S.A. A nosa historia

  • 0

Axuda Integral Santiaguesa do Alcohólico A.I.S.A.


iSpeech

O 28 de febreiro de 1.992, hai xa vinte e sete anos, un grupo de enfermos/ as alcohólicos en rehabilitación decidiron constituír de maneira formal unha asociación que pretendía prestar o asesoramento necesario para manter o estado de abstinencia de todos os seus membros e brindar a súa axuda a todos/ as que os necesitasen.

Así é como nace AISA,

a Asociación de Axuda Integral Santiaguesa do Alcohólico, a cal desenvolvería todas as súas actividades de modo desinteresado e sen ánimo de lucro. As súas primeiras sesións de terapia grupal leváronse a cabo no Hospital Xeral de Galicia, no departamento de psiquiatría; debido a que alí grazas á colaboración da Dra. Ángeles Lorenzo conseguiron que lles cedesen unha sala para a realización destas. No transcurso dese mesmo ano rexistráronse no Goberno Civil da Coruña os Estatutos da asociación. Un ano despois, en decembro de 1.993, durante a asemblea xeral xorde a intención de contratar para o próximo ano un local en Vite, no cal se poidan levar a cabo as actividades da asociación, cun custo de 50.000 pesetas mensuais (300 euros de hoxe en día), en concepto de aluguer. Tamén se acordaba solicitar ao departamento pertinente, algún tipo de subvención económica para sufragar os gastos do aluguer e funcionamento da asociación. Nesa mesma asemblea propoñíase aos socios/ as un sistema de cotas mensuais e voluntarias para axudar no mantemento dos gastos que a asociación puidese xerar. Así mesmo, algúns dos socios xa expuxeran a necesidade de incorporar ás súas sesións un/a terapeuta especializado, aínda que a súa incorporación non sería posible ata o ano 1.997 (debido aos escasos recursos económicos dos que se dispoñía) En febreiro de 1.997 durante o transcurso dunha asemblea xeral ordinaria, un dos puntos para tratar na súa orde do día foi a posible contratación dun psicólogo/a, dita proposta foi aceptada por unanimidade de votos.

Como poden observar, aínda que as actividades levadas a cabo a través dunha asociación como a nosa parezan poucas e moi puntuais, detrás das mesmas hai moitas horas de traballo individual e colectivo para preparar as sesións de terapia, xornadas informativas, charlas e como non as tediosas subvencións, cargadas de burocracia en moitas ocasións, pero sen as cales non poderiamos subsistir; debido a que coas cotas dos socios unicamente non poderiamos realizar moitas das actividades que hoxe en día levamos a cabo.

Pero que lles vou a dicir que todos vostedes inmersos neste movemento asociativo, non saiban xa. Finalmente, contarlles que eu como psicóloga desta asociación desde 1.999, tamén formo parte desta gran familia, na cal crecín persoal e profesionalmente e do mesmo xeito que os demais integrantes de AISA estou moi agradecida a eses seis enfermos que un bo día do 1.992 decidiron crear este grupo de axuda. O cal a día de hoxe segue prestando a súa axuda aos enfermos que padecen un trastorno por consumo de alcol e ás súas familias


Traducir a…

Visitas

contador de visitas

Sígueme no Twiter

A %d blogueros les gusta esto: