Category Archives: Socios Honoríficos

Jesús Fernández Castro

Category : Socios Honoríficos


iSpeech.org

Jesús Fernández Castro, (Requete)nace en Vilalba, Lugo, o día 11 de Xullo de 1933 e fallece en Vilalba o día 14 de Xuño de 2017.

Home inquieto por natureza e de oficio fontaneiro.

Bo futbolista, xogando en equipos coma o Vilalbes,  Lemos Lugo e nos anos 60 no Calvo Sotelo de As Pontes.

Emigra a Belxica por traballo e segue xogando en varios equipos belgas. Nos anos 70 volve As Pontes donde comenza a traballar en ENDESA ata a súa xubilación no ano 1993.

No ano 1989, xunto co cura D. Manuel Mejuto e Pepe Castro, comenza unha andadura que culmina coa Asociación de Alcohólicos ” ADIANTE “ de As Pontes, sendo él o seu presidente, D. Julio Nistal o Tesoureiro, Dª. Maite Lage a Psicóloga e a colaboración de tres vogais na Xunta Directiva.

Ten lugar a súa primeira terapia en Xaneiro de 1991 e en Outubro do ano 1992 cambia a súa Psicóloga, pasando a ser Dª. Belén Pardo ata a actualidade. Tamén a Xunta Directiva tivo modificacións, seguindo Jesús Fernández coma presidente, Jesús Basanta secretario, Julio Nistal  tesoureiro e coma vogais Julio Muñoz e José Ferreiro.

Membro da Federación de Alcohólicos de Galicia, FEXALGA, dende a súa fundación; e apoiando contínuamente o movemento Ex-Alcohólico.

Membro tamén durante varios anos da Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia, FARGA, e sempre apoiando a súa labor.

Resumindo, un gran AMIGO, un gran HOME e unha gran PERSOA.

Jesús Basanta Tojeiro.


Traducir a…

Visitas

contador de visitas

Sígueme no Twiter

A %d blogueros les gusta esto: