Category Archives: Eventos

  • 0

CONCLUSIÓNS “II XORNADAS GALEGAS SEN ALCOL”


iSpeech

Rematan aquí case dous dias intensos, nos que temos que agradecer, o primeiro vosa presenza, a vosa magnifica resposta a esta convocatoria; do mesmo xeito que a todos os relatores, que nos brindaron as súas achegas, cumprindo, con fartura, coas nosas espectativas.

De todos puidemos aprender algo, algo non, MOITO.

Ensináronnos que aos nosos mozos temos que brindarlles acompañamento no seu crecemento persoal, aínda a risco de equivocarnos; que o labor preventivo hai que traballalo dia a dia.
Que na nosa enfermidade, ás veces, somos nós mesmos os que a estigmatizamos, que hai que desterrar o sentimento de culpabilidade.
Na súa abordaxe somos necesarios todos, aprender unha nova forma de vivir require que se aborde un tratamento íntegro de toda a familia ou contorna; e poñer en valor, gran valor, a importancia da axuda do grupo.
Vivir xunto ao alcol é moi duro, pero deixáronnos unha mensaxe de esperanza, constancia e fortaleza.
Aprendemos que volver ao inferno nunca debe ser unha opción, porque sabemos que a nosa enfermidade foi moi ben definida como incurable, progresiva e mortal.
A súa abordaxe con intentos de solucións ineficaces mantén o problema e convértao nun circulo vicioso, por iso, iniciar o camiño adecuado neste proceso é tan difícil, e temos que saber que pode suceder o que non queremos A RECAIDA, deixandonos unha profunda sensación de fracaso.
Coidado, o que alguén recaia non significa que non queira deixar de beber, é a virulencia da enfermidade e a peculariedad de cada un de nós o que o marca, e ten que servirnos para aprender, aprender a perdoarse a un mesmo, para lograr liberarnos do sentimento de culpa e aceptarnos tal cal somos.
E por último, pero non menos importante; sempre hai algo novo que aprender e hoxe vimos como outras enfermidades, como o TDAH pode incidir, que non xustificar, como esas persoas poden desenvolver unha dependencia, que o que fai é complicar mais a súa patoloxia.

Mª José Fabeiro Mouriño
Secretaria de FARGA

GALERIA FOTOGRAFICA

"II XORNADAS GALEGAS SEN ALCOL"

O pase de diapositivas require JavaScript.


  • 0

Día Mundial Sin Alcohol. C.A.A.R.F.E. Hospital 12 de Octubre.


iSpeech

O pasado 16 de Novembro e con motivo da celebración do Día Mundial Sen Alcol, a Confederación de Alcohólicos, Adictos en Rehabilitación e Familiares de España, C.A.A.R.F.E., levou a cabo distintas actividades no Hospital 12 de Octubre de Madrid.

Unha delas foi a mesa de traballo por parte de enfermos alcohólicos e familiares, estando F.A.R.G.A. representada nesta actividade por Dª. Pamela Díaz Sixto, pertencente a Asociación de persoas alcohólicas rehabilitadas A.D.I.A.N.T.E. de As Pontes.

Parabéns e moitas grazas pola túa colaboración aportando a túa testemuña e o exemplo de superación, animando a tod@ aquel que precise de axuda para afrontar esta enfermidade coa mensaxe de que non están sós/soas, que é posible e que hay saída. 

Vídeo da súa intervención

 

¡SE QUERES..... PODES!


  • 0

Curso de Formación de Monitores -2019-


iSpeech

Este sábado 19 de Outubro dará comenzo o curso de Formación de Monitores organizado por F.A.R.G.A. Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia, e impartido por Dª. Jesica Rodriguez e D. Manuel Isorna, ambos cunha amplia experiencia no tema das adicións.

Terá unha duración de 30 horas presenciales e levaráse a cabo no local da asociación A.R.E.V.A. de Vilagarcía de Arousa.

Nesta edición participarán membros das asociacións:

  • A.R.E.V.A. de Vilagarcía de Arousa
  • A.I.S.A. de Santiago de Compostela
  • A.D.I.A.N.T.E. de As Pontes
  • A.R.Rio Lérez de Pontevedra

Desde a Federación queremos agradecerlle a tod@s o interese amosado neste curso e desexarlles ánimos e sorte.

 

 

 

 

 

 


  • 0

II Xornadas Galegas sen Alcol

Category : Eventos


Powered by iSpeech

F.A.R.G.A. CELEBRA AS II XORNADAS GALEGAS SEN ALCOL

Os vindeiros días 9 e 10 de Novembro terán lugar as II Xornadas Galegas sen Alcol.

O lugar escollido este ano foi o Concello de Santiago de Compostela e levaránse a cabo no Hotel Peregrino. A falta de concretar algún detalle, deixámosvos o preprograma de actividades.

O aforo é limitado, polo que É NECESARIA PRE-INSCRIPCIÓN. Hay posibilidade de aloxamento e comida no mismo Hotel. Estamos a espera de confirmación de prezos, e na maior brevedade posible actualizaremos esta información.

Si desexades, xa podedes inscribirvos enviando os vosos datos ao correo farga.galicia@gmail.com

II Xornadas Galegas sen Alcol
Pre-programa
           
ESPERÁMOSVOS
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

 

 

 

 

 


Taller de Prevención de Alcol e Drogas


iSpeech

Continuamos coa nosa colaboración no Centro de Educación Especial Avelino Montero de Pontevedra.

Este mes de Outubro comezamos co primeiro módulo dun taller de sensibilización e información para previr o consumo de alcol e drogas que continuará durante os meses de Novembro e Decembro.
Informaremos sobre os efectos, riscos e consecuencias do seu uso/abuso, así como de coñecer os mitos e crenzas erradas presentes na nosa sociedade sobre o seu consumo, facilitando a percepción do risco en todos os aspectos.

Un taller que foi moi ben acollido por parte d@s moz@s e d@s monitor@s encargad@s de impartilo.

Moitas grazas a tod@s.

 

 


  • 0

II Concurso de Carteis Xornadas Galegas Sen Alcol


iSpeech.org

II Concurso de Carteis

F.A.R.G.A.

Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia

XORNADAS GALEGAS SEN ALCOL

-BASES-

Poderán presentarse a este concurso todas as persoas sen distinción de sexo, condición ou nacionalidade, cuxa idade sexa máis de 16 anos.
Os traballos serán presentados nun único documento, en formato pdf, tamaño A4, coas fontes incrustadas é editable, para que a organización poida realizar as adaptacións necesarias para os diferentes soportes requiridos ao correo farga.galicia@gmail.com antes das 12 da noite do día 30 de Outubro de 2019.
O correo electrónico constará de dous documentos:
O primeiro - un pdf ou un arquivo psd co cartel, titulado cun pseudónimo.

O segundo -un pdf co mesmo pseudónimo como nome do documento, no que se fará constar:

  • Pseudónimo.
  • Nome e apelidos.
  • Dirección de email.
  • Dirección postal.
  • Teléfono de contacto.
  • Fotocopia do DNI.
    O cartel non pode ter o nome da persoa que o deseñou, senón o pseudónimo.          De non ser así sería descualificado.
-EXEMPLO-

Correo: Asunto: Concurso de carteis “ pseudónimo…..”
Mensaxe: Adxunto cartel e os datos
Adxuntos: PDF ou PSD do cartel titulado “ pseudónimo….”
PDF cos datos persoais titulado “ pseudónimo…”

Os adxuntos serán impresos para a súa valoración polo xurado, polo que só unha persoa, que non formará parte do xurado, terá acceso ao email cos datos da persoa que os enviou.
Na parte inferior deberá quedar un espazo en branco, onde; en caso de ser o gañador; colocaranse os logotipos de organizadores e colaboradores.
O tema deberá transmitir optimismo e esperanza, rompendo os prexuízos sobre a enfermidade alcohólica. Trátase de transmitir que o alcoholismo é unha enfermidade da que se pode saír e non un vicio como o considera unha gran parte da sociedade. Valoraráse a introdución da familia como parte fundamental no proceso de rehabilitación.

O estilo é libre, poderá ser por computador, fotografía, debuxo, acuarela ou calquera técnica que se desexe.

Poderánse presentar un máximo de dous traballos por participante.
O xurado emitirá o seu fallo o día 6 de Novembro de 2019. O gañador será notificado por email ou por teléfono.
Tamén será publicado nas redes sociais e na páxina web  www.fargaliciaweb.es
A entrega do premio terá lugar o día 1o de Novembro de 2019 durante a clausura das Xornadas que se celebarán en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de Novembro de 2019.
O gañador cede os dereitos do cartel a F.A.R.G.A.Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia, para a súa difusión, acompañado por dípticos e trípticos coa mesma imaxe, na campaña do Día sen Alcol do próximo ano 2020.

-PREMIO-

  • Utilizaráse o cartel como imaxe da campaña do vindeiro ano 2020.
  • Diploma acreditativo.
  • Premio en metálico de 200,00 Euros.
ÁNIMO E SORTE A TODOS OS PARTICIPANTES.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN


F.A.R.G.A. no IV Encuentro de Mujeres Adictas en Rehabilitación y Familiares


tts

Os días 15, 16 e 17 de Marzo tivo lugar en Illescas, Toledo, o IV Encontro de Mulleres Adictas en Rehabilitación e Familiares. A Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia acudiu a este evento acompañado de enferm@s alcohólic@s das asociacións Areva de Vilagarcía de Arousa, Adiante das Pontes e Aisa de Santiago de Compostela. Unha experiencia moi positiva en todos os aspectos, convivencia, intercambio de vivencias e testemuños, aprendizaxe para a nosa recuperación, etc....
Actividades como esta son as que nos lembran que non estamos sós, que somos un colectivo ao que hai que dar visibilidade, e que co que achega cada un podemos axudar a máis persoas que se atopan na mesma situación que nós antes de dar o primeiro paso, o recoñecemento da enfermidade e comezar a nosa rehabilitación.
Desde F.A.R.G.A. queremos agradecer a tod@s  l@s que fixeron posible este evento, ás persoas que nos acompañaron, e animar ao resto de enferm@s alcohólic@s das demais asociacións para participar neste tipo de eventos que favorecen a nosa rehabilitación.
XUNTOS é máis fácil facernos visibles, informar que estamos aí para axudar no posible, que hai saída e que xuntos podemos.

Compartimos con tod@s vos o vídeo resumo de este encontro.

Grazas a tod@s por todo.


  • 0

Asemblea C.A.A.R.F.E. -2019-


https://www.ispeech.org/text.to.speech

O día 16 de Febreiro tivo lugar en Madrid a Asemblea Xeral de C.A.A.R.F.E., a que acudiron as Asociacións e Federacións pertecentes. A Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia, F.A.R.G.A., acudeu a cita, onde se trataron as diversas actividades a realizar ao longo deste ano 2019, así como a presentación da nova Xunta Directiva que conta nas súas filas con dous membros desta Federación.

Dende aquí queremos felicitar a Pilar Leal (Pili), como Vicepresidenta 2ª e a Salvador Baamonde (Salva), como Vogal; ambos membros da Directiva da asociación "ADIANTE" de As Pontes,  pola súa incorporación e desexarlles moita sorte nos seus cargos dentro da Confederación.

 

 

 

 

 


  • 0

Vídeo ” I Xornadas Galegas Sen Alcol “


iSpeech

Con motivo do Día Mundial Sen Alcol, F.A.R.G.A. celebrou os días 17 e 18 de Novembro as " I Xornadas Galegas Sen Alcol ".

Tiveron lugar no Salón García do Concello de Vilagarcía de Arousa e contaron coa colaboración dalgunhas das asociacións pertecentes a esta Federación, así como do Concello e da Xunta de Galicia, que formaron parte da mesa de inauguración amosando o seu apoyo a iniciativas de este tipo.

Desde aquí queremos agradecer o interese amosado en facer esta primeira edición e a colaboración prestada para que fose posible. Próximamente decidirase donde se levarán a cabo as próximas edición, xa que a intención e facelas por toda a comunidade, nas sedes das asociacións que amosen o seu interese en acollelas.

Cun pouco de retraso, deixámovos un vídeo resumen do desenrolo das diversas actividades que se realizaron durante a duración das mesmas.

Esperamos que sexa do voso agrado e contamos con todos vos na seguinte edición.

Grazas por todo.

 

 


  • 0

I Xornadas Galegas Sen Alcol


https://www.ispeech.org/text.to.speech

Este mércores 14 de Novembro,  F.A.R.G.A. convocou unha roda de prensa para anunciar as " I Xorndas Galegas Sen Alcol " que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de Novembro no Salón García do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Esperamos que sexan do agrado de tódolos asistentes.

¡ QUEDADES TODOS CONVIDADOS !


Traducir a…

Visitas

contador de visitas

Sígueme no Twiter

A %d blogueros les gusta esto: